Documentar e dar a coñecer unha serie de elementos de patrimonio marÃtimo pola costa da PenÃnsula Ibérica, desde Murcia ata Galicia. Este é o eixe do proxecto Gentes del mar que, realizado desde AndalucÃa, presta unha especial atención a varios bens galegos. Conserveiras, estaleiros de ribeira e restos arqueolóxicos amosan para o equipo responsable desta iniciativa a importancia deste legado e o interese que existe por el no noso paÃs.
Gentes del Mar é o nome dunha iniciativa nada en AndalucÃa que traballa na difusión do patrimonio marÃtimo ibérico mediante a imaxe. AndalucÃa, Murcia, a costa sur de Portugal e Galicia son, polo momento os espazos nos que está enfocada a iniciativa. O proxecto, segundo se explica na súa presentación, achégase a "conxuntos de edificacións, actividades e oficios vencellados coas distintas técnicas e xeitos de aproveitamento que o home enxeñou para poder obter os máximos beneficios dos recursos mariños ao longo da historia".
Estudar mediante fotografÃa
"A idea fundamental é empregar a fotografÃa para pór en valor bens patrimoniais vinculados á cultura marÃtima e facer que a poboación se achegase a eles a través destas imaxes" explica Teresa Rubio, coordinadora de Gentes del Mar. Nese sentido, non se trata só de retratar estes espazos e actividades, senón de recoller e analizar a documentación gráfica existente sobre os mesmos. Esta información contextualÃzase cos coñecementos de diferentes colectivos locais vencellados ao mar. Ademais da recollida, o equipo, grava entrevistas, realiza reconstrucións en tres dimensións a partir de imaxes e emprégase a técnica da retrofotografÃa, coa que mesturan imaxes antigas e actuais.
Catro ronseis de Historia
O proxecto recolle un total de trece bens pola costa desde Murcia a Galicia, organizados en catro tipoloxÃas: salgaduras, conserveiras, estaleiros artesanais e almadrabas. "Desde a salgadura dos tempos romanos ata as conserveiras vemos a evolución da relación dos habitantes da costa co mar. Tamén recollemos a almadraba, como exemplo do propio proceso de pesca e mais a carpintarÃa de ribeira, que é unha actividade necesaria para manter as embarcacións". Deses trece bens, catro son galegos. O proxecto recolleu os conxuntos da Fábrica de Conservas Massó (actual Museo do Mar) en Bueu xunto coa factorÃa baleeira desta mesma firma en Cangas. Na mesma categorÃa inventariou a conserveira Goday da Illa de Arousa, mentres no campo dos estaleiros de Ribeira recolle o de Purro, en Bueu e na mesma vila faise eco do depósito da antiga salgadura romana da Pescadoira. De cada un destes espazos recóllese unha exhaustiva ficha con descrición, estado, evolución, bibliografÃa e mesmo fotografÃas aéreas de diferentes épocas a amosar a evolución do espazo e do seu contorno.
O interese galego
Segundo sinala Rubio, o interese do seu equipo por Galicia xurdiu "porque tamén aquÃ, ao igual que no Sur da PenÃnsula, hai unha actividade importante arredor do atún ou da xarda, que seguen a corrente atlántica nos seus fluxos migratorios. Esta actividade, ao igual que a industria da conserva, conecta Galicia coa zona de AndalucÃa". De feito nas súas investigacións comprobaron "que houbo un importante fluxo de persoas entre Galicia e Cádiz vencellado coa pesca. Conserveiras como Massó estiveron tamén en Cádiz e en moitos casos houbo migracións de onubenses a Galicia para traballar nesta industria". De xeito semellante, asegura, co proxecto buscaron tamén as conexións coa área de Murcia e do Levante, onde tamén se realizaba a pesca do atún con almadraba.
Consciencias marÃtimas
Encol da situación do patrimonio marÃtimo galego, Rubio asegura que "Galicia está avanzada a respecto doutras comunidades. O patrimonio conserveiro por exemplo, está arraigado, e hai múltiples iniciativas nas que as conserveiras deixaron de ser fábricas e pasan a ser espazos onde se explica a historia". O Museo Anfaco da Industria Conserveira en Vigo ou o Massó en Bueu son para esta investigadora exemplos destacados. "en xeral en Galicia son moi conscientes da vinculación co mar. Atopamos a moita xente moi consciente da importancia deste patrimonio e tamén moitos lugares onde se mantén vivo".
De feito, todo o proceso, para alén de incrementar a documentación sobre os bens recollidos, pretende axudar a crear unha consciencia social sobre os mesmos. Segundo explica Rubio, "entendemos que no proceso de identificación dos bens culturais, a súa protección conséguese cando a sociedade os sinte como propios. Nos casos do patrimonio marÃtimo, a xente ve que alà traballaron os seus avós, e que era ata hai pouco un patrimonio aÃnda vivo. Ademais, en moitos casos os edificios das conservan continúan a marcar a paisaxe, as fábricas seguen en activo e prácticas como a almadraba tamén".
Diferentes estados
AsÃ, dentro das tipoloxÃas de bens que recolle o proxecto, o equipo preocupouse de recoller tanto bens oficialmente recoñecidos como outros que carecen polo momento de protección legal. "Pensamos que é tamén importante amosar esa diferenza. Mentres en Galicia vense espazos protexidos ou en proceso de declaración como a carpintarÃa de Ribeira de Purro en Bueu, en AndalucÃa amosamos conserveiras que non están declaradas como bens de interese cultural. De xeito semellante, en AndalucÃa están protexidas varias almadrabas mentres en Murcia non hai ningunha".
Lonxe de rematar, a iniciativa pretende na súa vindeira fase ampliar o traballo. "Queremos ampliar a tipoloxÃa de bens patrimoniais que recollemos, complementar o que xa temos feito e incluÃr novos elementos", asegura Rubio. Un labor no que, de certo, o noso paÃs ha ter o seu lugar.