Quiosco: Revista Galega de Teatro,79

A nova entrega da publicación atende á problemática Teatro e lingua

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Quiosco: Revista Galega de Teatro,79

Un monográfico sobre Teatro e lingua, con traballos de María Xosé Queizán, Joan Giralt i Bailach e Afonso Becerra centra o número 79 da Revista Galega de Teatro que está xa á venda. Canda aisto, a entrega inclúe unha entrevista a Xosé Manuel Carballo Ferreiro da man de Antón Lamapereira, a tradución ao galego da peza Mata o teu alumno, de Carles Mallol ou un artigo sobre as tendencias na escenografía do teatro europeo. Ademais, na habitual sección de crítica repásanse as obras Que volvan as flores, Da Vinci tiña razón! e Symón Pédicrí. Ademais, tamén se repasan as últimas edicións de eventos como o Festival de Ribadavia, o Corpo(a)terra ou a Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, entre outros.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Xosé Manuel Carballo, María Xosé Queizán...