Quiosco: Revista Galega de Teatro 78

A escenografía protagoniza a nova entrega da publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Revista Galega de Teatro 78

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo serviu o pasado venres 4 de xullo para presentar o número 78 da Revista Galega de Teatro. A publicación lanza a súa primeira entrega de 2014 a atender de xeito especial a escenografía, un ámbito no que conta con textos de Marta Pazos, Baltasar Patiño, Rodrigo Roel, Diego Valeiras e Tito Asorey. Críticas de producións recentes como As do peixe, Bye bye honey e Longa viaxe cara a noite complétanse cunha entrevista a Raquel Hernánez e Pedro Fresneda con motivo do décimo aniversario do Teatro Ensalle. O volume está á venda por seis euros.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 105

Quiosco: Erregueté 105

A Revista Galega de Teatro presentou o seu número semestral e o cuarto volume de dramaturxias

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Revista Galega de Teatro, Asorey, Tito Asorey...