Patrimonio acepta que o Camiño Primitivo pase por Arzúa

Os empresarios da comarca recibiron unha resposta positiva á súa alegación ao trazado

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Parte da polémica sobre a delimitación oficial do Camiño Primitivo pode ficar resolta. A Asociación de Empresarios de Arzúa viu estimada a pola Dirección Xeral de Patrimonio a súa alegación ao trazado proposto pola Xunta de Galicia. Segundo recolle hoxe La Voz de Galicia, a resposta de Patrimonio "estímase razoable e axeitado modificar a categoría do tramo, que no documento da incoación ten un carácter de trazado complementario, e pasar a ter a consideración de trazado principal na delimitación definitiva". A decisión implica que a Ruta Xacobea oficial pasará oficialmente polo centro da vila. A decisión atende a "argumentos de tipo socioeconómico e ao arraigo que, despois de vinte e cinco anos de uso, ten este trazado, que ten sido investido a través de procesos de patrimonialización e recoñecemento como unha ruta de peregrinación auténtica, asimilable nos seus valores inmateriais ás rutas con meirandes reforzos históricos documentais".

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Primitivo, Arzúa, Documentais, Dirección Xeral de Patrimonio...