Patrimonio modifica parte do trazado do Camiño Inglés

Afecta ao tramo entre Meixonfrío e A Sionlla

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os informes que encargou a Dirección Xeral de Patrimonio a raíz da presentación dun expediente de urbanización demostraron que o itineario sinalizado para o Camiño Inglés estaba errado. En concreto, Patrimonio determinou modificar este roteiro no tramo situado entre Meixonfrío e A Sionlla, atendendo á existencia de microtoponimia vencellada ao fenómeno das peregrinacións e de vestixios como unha fonte medieval nas proximidades do novo trazado. No entanto, a delimitación definitiva do camiño, necesaria para desenvolver accións de conservación e coidado do patrimonio está aínda pendente de elaborar.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dirección Xeral de Patrimonio