A modificación do Camiño Inglés permitirá construír unha urbanización

Patrimonio fixou un novo trazado para a ruta en Fene e Cabanas

| Santiago. Redacción | Seccións: Camiño de Santiago
Compartir:

A dirección xeral de Patrimonio modificou, a finais do ano pasado, o trazado oficial do Camiño Inglés a Santiago no tramo que vai de Rego da Moa, en Fene, ao Peón, en Cabanas. Esta mudanza permitirá que se edifique a urbanización de Vilar do Colo, que estaba paralizada desde 2008 por afectar á vía xacobea. Colectivos como a Plataforma de Defensa dos Camiños ou a Asociación Etnográfica e da Natureza Amigos do Río Baa reclamaron información sobre esta mudanza e anunciaron que reclamarán ante o defensor do pobo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fene, Natureza, Dirección Xeral de Patrimonio

Claves

Conceptos
Lugares