Takekazu Asaka presenta o seu libro-disco Cantata a Ramón Cabanillas

O auditorio de Cambados acolle o recital mañá ás 21 horas

5/8/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Un texto biográfico sobre Cabanillas, unha escolma de trece poemas deste autor en galego e en xaponés, fotografías e notas que contextualizan o seu traballo e un limiar a cargo do académico Franciso Fernández Rei. Estes son os contidos do libro Cantata a Ramón Cabanillas, que o profesor Takekazu Asaka presenta mañá en Cambados. A presentación, ás 21 horas no auditorio A Xuventude, irá acompañada dun concerto no que a pianista Rika Nishikawa e a soprano Miho Haga interpretarán os oito temas musicados que se inclúen no CD que acompaña o libro.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas, Ramón Cabanillas, Cambados...