Abre o pano a XXXI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

O programa desenvólvese entre o 27 de xuño e o 6 de xullo

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Abre o pano a XXXI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas

Un intenso programa de actividades na rúa será o máis visible da XXXI Mostra de Teatro Cómico e Festivo de Cangas, que comeza mañá a súa actividade. Ata o vindeiro seis de xullo, Velocíclopes, La señorita Lupierre, Peor Imposible ou Vaya Circo percorrerán os espazos públicos da cidade. Ademais, o auditorio local acollerá Meu ben, Como por un tubo ou O Ogrocho entre outras propostas escénicas. No programa inclúese tamén o apartado Mulleres en Acción, "espectáculos que ademais de abordar temáticas que resalten os conflitos de xénero, conten coa dirección e dramaturxia realizada por mulleres" ou a iniciativa Revoltallo en Pedra que levará á rúa o traballo das escolas artísticas locais.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cangas, Mulleres, Xénero...

Claves

Lugares