Peza de esquina e outros espazos en conflito é o tÃtulo da exposición que Diego Santomé ten no Centro Galego de Arte Contemporánea ata o vindeiro 26 de outubro. Pezas fÃsicas e videocreacións mestúranse nunha mostra na que o autor se enfronta de xeito similar aos diferentes formatos nun proceso que, segundo explica o texto de presentación da mostar "consiste en recoller e refacer. O seu traballo enténdese a partir das afinidades formais ou conceptuais que establecen as obras entre si, relacións de circularidade que foxen da interpretación lineal dunhas pezas producidas con medios moi diversos, pero que comparten formas sobrias, materiais cotiáns e a intervención mÃnima do artista en busca dun espazo de experimentación desde o que cuestionar a percepción da realidade".
De xeito paralelo, o Centro aoollerá entre os vindeiros 26 e 28 de xuño o encontro Que estás vendo?, que se centra na ficción televisiva estadounidense actual. Diferentes investigadores falarán sobre series como Breaking Bad, ou The Sopranos e de fenómenos como a plataforma Netflix.
Folleto da exposición de Diego Santomé no CGAC.De xeito paralelo, o Centro aoollerá entre os vindeiros 26 e 28 de xuño o encontro Que estás vendo?, que se centra na ficción televisiva estadounidense actual. Diferentes investigadores falarán sobre series como Breaking Bad, ou The Sopranos e de fenómenos como a plataforma Netflix.