Nove artistas internacionais levan ata Ferrol as súas videocreacións

Videocreación amorosa

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

“I love you” é o título da exposición que acolle desde mañá o Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol. Unha mostra na que nove artistas internacionais reflexionan sobre o amor a partir da imaxe e da videocreación. Xoán Anleo, Pipilotti Rist ou Chris Cunningham son algúns dos nomes que exhibirán as súas obras durante dous meses. A mostra conta tamén coa colaboración do Centro Galego de Arte Contemporánea, que aproveitará para levar ata Ferrol algunhas videocreacións.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ferrol, Xoán Anleo, Gonzalo Torrente Ballester, Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC)