Triángulo de Amor Bizarro aspira a 5 dos Premios da Música Independente

As votacións do público están abertas ata o vindeiro 5 de xuño

22/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Ata o vindeiro 5 de xuño están aberta as votacións populares da sexta edición dos Premios da Música Independente. Na mesma, Triángulo de Amor Bizarro supón a principal presenza de grupos galegos, con candiaturas a mellor artista, mellor directo, mellor artista Radio 3, álbum do ano (Victoria Mística) e canción do ano por Estrellas místicas. Nas categorías absolutas unicamente Manuel H. Portolés, de Niño y Pistola aspira ao galardón ao mellor videoclip por By the Grace of God.

Na categoría de mellor álbum en galego compiten A Veces Ciclón de A Veces Ciclón, Co Xenio Destrozado de Ses, Galiza de Kepa Junkera, Grecia de Das Kapital e mais Caxade de A Dança das Moscas.

Ás trece categorías cuxos aspirantes se deron a coñecer onte, súmanse outras trece profesionais e estilísticas que serán escolleitar por un xurado de especialistas do sector.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Triángulo de Amor Bizarro, Caxade, Grecia

Claves

Protagonistas
Lugares