Código Morsa debuta nas táboas con Supergalácticos

O Auditorio Patelas de Cuntis acolle o domingo 18 a estrea desta comedia para toda a familia

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Código Morsa debuta nas táboas con Supergalácticos

Alberto Torres e Saleta Fernández protagonizan Supergalácticos, a montaxe de debut da nova compañía Código Morsa, de Cuntis. Fran Rei dirixe esta obra orientada a público infantil e familiar na que dous superheroes enfrontan as maldades do Dr Neutrón. Situacións cómicas que beben do humor cinematográfico, televisivo e do cómic encadéanse nunha produción que busca a complicidaede cos máis novos. O proxecto estréase o vindeiro 18 de abril no Auditorio Patelas de Cuntis no marco das actividades polo Día das Letras que organiza a Asociación Río Gallo.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuntis, Cómic, Comedia, Humor...