Vigo acollerá o I Foro de Artes Escénicas e Musicais

Celébrase o vindeiro 30 de abril no auditorio municipal

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O alumnado da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, do IES Audiovisual e do Conservatorio Municipal de Música de Vigo organizan o I Foro de Artes Escénicas e Musicais de Galicia. O auditorio municipal da Cidade Olívica acollerá o vindeiro 30 de abril este evento, que pretende servir como punto de encontro para debater a problemática do sector. No transcurso do acto presentarase un estudo sobre as artes escénicas e musicais que elaboraron os organizadores a partir de máis de 200 entrevistas e que pretende reflectir o estado deste ámbito.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Artes Escénicas, Vigo, Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, Cidade Olívica