O Instituto Camões leva tres obras portuguesas á quinta edición do FestivAlt.06 de Vigo

Vigo alternativo

24/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Do 8 ao 18 de marzo Vigo acollerá a quinta edición do FestivAlt.06. Un evento asentado na Cidade Olívica e que reúne a danza e o teatro alternativo. O festival que organiza o Concello de Vigo e a sociedade Noescafé conta este ano coa colaboración do Instituto Camões, que se traduce na entrada de tres compañías portuguesas na programación. Ademais dos escenarios habituais, o evento terá lugar no MARCO, Auditorio Municipal e a Casa das Artes e contará coa participación do alumnos da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Máis información no web do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito