O festival ALT08 volve achegar ata Vigo o máis alternativo da creación artística

Todo ALT

15/2/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Teatro, danza, exposicións e música pero todo coa etiqueta de alternativo. Estes son os sinais de identidade do Festival ALT.08, o festival que se consolida en Vigo e do que se cumpren xa sete edicións. A deste ano sucederase do 22 de febreiro ao 8 de marzo polas principais rúas da cidade e en espazos como o MARCO, o Auditorio Municipal ou o Teatro da Cidade Universitaria. O evento, que está organizado polo Concello de Vigo e Noescafé Teatro Asociación coa colaboración do Instituto Camões, rematará con “Marathon woman”, un proxecto de diferentes autoras que durará doce horas.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Teatro, Danza, Exposicións...