Noescafé Teatro coordina o sexto Festival Alternativo que se achega ás problemáticas sociais

Conexión Alternativa (07)

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Amosar as diferentes problemáticas sociais, a inmigración clandestina ou o medo á morte en soidade son algúns dos fíos conductores da sexta edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza de Vigo (Alt 07). O evento, que se celebra do 23 de febreiro ao 10 de marzo, contará este ano coa colaboración do Festival Sinsal de Vigo e da Sala Nasa de Santiago. Isto supón a incorporación de novos grupos de música entre os que destaca o catalán Cabo San Roque. Outra das novidades desta edición será a inclusión dun microciclo dedicado a Bertolt Brecht (27 de febreiro e 6 de marzo no auditorio do Concello).

Máis información en La Voz de Galicia, e no web do Concello de Vigo

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Morte, Sinsal...