Vigo acolle a III edición do Festival de Teatro Alternativo

A Mostra coa Alternativa

6/5/2004 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Teatro para todos os gustos en Vigo e Pontevedra. Na cidade olívica acaba de comezar a III edición do Festival Alternativo de Teatro e Danza que organiza a Concellaría de Festas e Animación Sociocultural e a asociación Noescafé Teatro. Os encargados de abrir o programa foron os bilbaínos “Fabrica de Teatro Imaginario FTI”, aos que seguirán sete compañías que ofrecerán as súas propostas no auditorio municipal e no Marco. E tamén de teatro vai a “Mostra” que a asociación QuartoEscuro organiza na Facultade de Ciencias Sociais de Pontevedra do 10 ao 20 de maio. Durante dez días, oito compañías de teatro afeccionado e semiprofesional porán en escena nove representacións.

Consulta o programa do Festival de Teatro Alternativo de Vigo no xornal do concello olívico e o da Mostra no web de Quartoescuro

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vigo, Pontevedra, Animación...