Apostolado Galaico analiza os tópicos das postais turísticas

A Sala X de Pontevedra acolle esta exposición ata o 23 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:
Apostolado Galaico analiza os tópicos das postais turísticas

Revisar os tópicos galegos que reflicen as postais turísticas dos anos 60 e 70. Este é un dos obxectivos das exposición Apostolado Galaico, que coordina Xosé Enrique Acuña e que se pode ver ata o vindeiro 23 de maio na Sala X de Pontevedra. A mostra recolle postais orixinais da época que, segundo explica o comisario, amosan "unha foto-novela imposible e en encadres que plenamente se escapan da realidade daqueles anos".

Apostolado Galaico
1/2
Apostolado Galaico
2/2

Canda a este material, pódense ver as fotografías de Xulio Gil que, na serie Re-postais galaicas reinterpreta estes tópicos, e o vídeo Contra Apostalado Galaico, no que Sabela Vázquez Díaz recolle mensaxes da clandestinidade franquista como contrapunto a imaxe idílica das imaxes da mostra.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Retrato dun país

Unha exposición documenta a Galicia dos anos vinte a través da ollada de Ruth Matilda Anderson

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pontevedra, Xosé Enrique Acuña, Sabela

Claves

Lugares