Un simposio analiza a Rosendo como defensor dos dereitos dos aborixes

Desenvolveu un modelo educativo pioneiro no pobo aborixe australiano

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Un simposio analiza a Rosendo como defensor dos dereitos dos aborixes

Naceu en Galicia pero viveu a maior parte da súa vida nas nosas antípodas, en Australia. Alí, no marco dunha misión relixiosa, Rosendo Salvado iniciou unha interesante relación co mundo aborixe. Catro décadas de traballo que lle permitiron asentar unha misión beneditina nun espazo no que fracasaran outras experiencias coa que deu pé a un modelo educativo pioneiro e único. Como o fixo, como se documenta o seu legado e outras facetas analízanse no simposio Da civilización á cultura, que arrinca mañá en Santiago coa presenza de destacados estudosos australianos e españoles. Organizado polo Consello da Cultura Galega, en colaboración coa embaixada de Australia en España, ofrecerase tamén un concerto e unha exposición en San Martiño Pinario, onde estudou Salvado.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A excepción cultural

Un simposio afonda na figura de Rosendo Salvado, defensor dos dereitos dos aborixes australianos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Australia, San Martiño, Consello da Cultura Galega, San Martiño Pinario...