O Consello da Cultura Galega inaugurará en Tui o sábado 1 de marzo a exposición Rosendo Salvado: valedor do pobo aborixe. Será ás 20.00 h. no Teatro da Área Panorámica de Tui, e participarán Rosario Álvarez, vicepresidenta do CCG, Francisco Díaz-Fierros, vicepresidente do CCG e comisario da exposición, o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o bispo de Tui-Vigo, Luis Quinteiro Fiuza.
Esta exposición ten un obxectivo claramente orientado a destacar o labor de Salvado a prol dos aborixes australianos e de aí o seu título, Rosendo Salvado, valedor do pobo aborixe. Resáltase nela o talante decidido e arriscado do primeiro bieito galego nos seus primeiros contactos cos nativos, así coma o tacto, intelixencia e dicreción coa que realiza a inmersión na súa cultura e tradicións. Rosendo Salvado tivo que loitar en contra dun sentir xeral que consideraba as comunidades aborixes como etnias interiores e practimente inferiores.
A exposición pode visitarse de luns a venres, de 9 a 14h. e de 16.30 a 20.30h. e o sábado, de 9 a 14 h. na Sala de Exposicións da Área Panorámica de Tui.