A Real Academia Galega está a organizar durante este mes de setembro xornadas conmemorativas de tres senlleiros persoeiros da cultura galega. O 15 de setembro, a Área Panorámica de Tui acollerá a dedicada a Álvarez Blázquez, na que participarán Ana Acuña, Xosé María Álvarez Cáccamo e Darío Xohán Cabana, baixo a coordinación de Margarita Ledo. A Casa da Cultura de Vigo será o lugar no que se celebrará a xornada conmemorativa de Xaime Isla, o 23 de setembro. A dirección do evento é a cargo de Rosario Álvarez e participarán Xabier Martínez Cobas, Víctor F. Freixanes e Xosé Luis Franco Grande. Finalmente, o 29 de setembro, o presidente da RAG, Xesús Alonso Montero, moderará no salón de plenos do Concello de Lugo, a xornada dedicada a Ramón Piñeiro coa participación de Xosé Manuel Dasilva, Henrique Monteagudo e Andrés Torres Queiruga. Todas as xornadas comezan ás 19.30 h.