A RAG escolle a Nélida Piñón como académica de honra

A Academia na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A RAG escolle a Nélida Piñón como académica de honra

O plenario da Real Academia Galega, reunido o pasado venres, acordou nomear como membro de honra a escritora brasileira de orixe galega Nélida Piñón. Segundo apunta a RAG a autora, que mantén unha estreita relación co noso país e xa recibiu outras homenaxes nel, "acolle un valor singular para a Real Academia Galega non soamente pola reivindicación explícita, pública e reiterada, da súa orixe galega, senón por situar a mesma en termos contemporáneos, é dicir, como constituínte da súa identidade persoal, expresiva e intercultural".

De xeito paralelo, a Academia pronunciouse sobre a solicitude do Concello do Carballiño de recoñecer a palabra "pulpo" como forma propia galega. A respecto deste debate, a institución "ratifícase na súa escolla de polbo como forma normativa recomendable", apuntando as dúbidas sobre o carácter patrimonial da forma "pulpo" e apuntando razóns de utilización de "polbo", tanto na fala como na escrita, así como de diferenciación léxica e de continuidade do portugués.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Plenario, Identidade, Portugués...