A Real Academia Galega aprobou o sábado pasado as polémicas modificacións da normativa oficial do galego. O obxectivo, unificar dúas posturas: a que defendÃa a normativa promovida polo Instituto da Lingua Galega e a coñecida como de “mÃnimos”, empregada por diferentes entidades asociativas. O resultado son lixeiras modificacións xurdidas do consenso entre partes e que recollen en esencia o documento rexeitado pola mesma RAG o ano pasado.
Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG), indicou na rolda posterior ao acordo tomado polos membros da institución: “os cambios están avalados e son cuestións asumidas xa pola xente, de xeito que podemos dicir que estamos ante a mesma normativa”. Este sábado remataba na rúa Tabernas da Coruña, a sede da Real Academia Galega, un proceso polémico de cambio da normativa oficial do noso idioma. Tres cuartas partes dos académicos asistentes aprobaban a reforma. Agora queda pendente de ser ratificado polo Consello da Xunta de Galicia para que sexa oficial.
“O idioma galego segue sendo o mesmo”
Para o Presidente da Real Academia Galega, os cambios “están avalados e son cuestións asumidas xa pola xente, de xeito que podemos dicir que estamos ante a mesma normativa”. Houbo discusión no pleno en cada un dos puntos dos dous documentos que se distribuÃron, un resumo e o documento completo. Barreiro quixo tranquilizar aos sectores máis belixerantes da opinión pública: “o idioma galego segue sendo o mesmo”.
Os cambios con respecto á normativa vixente son poucos, aÃnda que representativos dende un punto de vista simbólico. Admitirase o termo “Galiza” como nome do paÃs, aÃnda que só para usos literarios. “Galicia” seguirá a ser a única denominación oficial. Por outra banda, aumentan as listas de palabras con sufixacións similares ás do portugués e tamén se cambian as priorizacións de uso de determinado tipo de terminacións. Por exemplo, ata agora eran admitidos os sufixos “-ble” e “-bel”, que permitÃan resultados como “posible” ou “posÃbel”. A normativa actual recomendaba, con todo, o emprego do “-ble”. Agora é o caso contrario. A nova normativa recomendará o emprego de “-bel” e admitirá como uso secundario o “-ble”.
O proceso de reforma normativa saÃra á luz pública en setembro do 2001, despois dun proceso de negociación entre os departamentos de galego das universidades do paÃs, o Instituto da Lingua Galega e diferentes entidades asociativas. O obxectivo era a unificación de dúas das tres diferentes normativas –e posturas– sobre o noso idioma existentes na actualidade: a normativa “oficial”, aprobada polo Instituto da Lingua Galega, o reintegracionismo –partidario da unificación ortográfica co portugués–, e o reintegracionismo de mÃnimos, unha fórmula intermedia entre as dúas defendida por diferentes entidades asociativas. Este grupo de entidades presentoulle á Academia unha proposta sobre a cuestión.
Ese documento inicial foi debatido pola Real Academia en novembro do 2001, aÃnda baixo a presidencia de Francisco Fernández del Riego. Fora un debate difÃcil que rematara cunha votación con resultado de once votos en contra do cambio, dúas abstencións e sete votos a favor, aÃnda que ninguén nese momento deu o asunto por pechado. A decisión foi polémica no seu momento e transcendeu o ámbito dos investigadores e filólogos. O 30 de setembro do 2002, a Real Academia decidÃa reabrir o debate, aÃnda que dende o propio seo da institución. Era, sen dúbida, un dos asuntos máis difÃciles aos que se enfrontaba o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, dende o inicio do seu mandato en decembro do 2001. Xa nese momento declaraba nunha entrevista a “La Voz de Galicia” que levar a bo porto a reforma era un dos tres obxectivos do seu mandato.
Voces crÃticas
Entre os membros da Real Academia Galega, só Xesús Alonso Montero manifestou publicamente a “La Opinión” a súa desconformidade co cambio normativo: “creo que estar cambiando as regras do galego cada vinte anos pode ser grave e prexudicial, ademais de que algunhas modificacións parécenme que teñen un semi-lusismo que vai contra a autonomÃa do galego”. O reintegracionismo tamén se sitúa fóra da reforma e exprésao a través de diferentes asociacións. Nós-UP indicou que a normativa aprobada pola RAG “consagra a conversión do galego nun dialecto do español”.
Cambios da normativa.Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG), indicou na rolda posterior ao acordo tomado polos membros da institución: “os cambios están avalados e son cuestións asumidas xa pola xente, de xeito que podemos dicir que estamos ante a mesma normativa”. Este sábado remataba na rúa Tabernas da Coruña, a sede da Real Academia Galega, un proceso polémico de cambio da normativa oficial do noso idioma. Tres cuartas partes dos académicos asistentes aprobaban a reforma. Agora queda pendente de ser ratificado polo Consello da Xunta de Galicia para que sexa oficial.
“O idioma galego segue sendo o mesmo”
Para o Presidente da Real Academia Galega, os cambios “están avalados e son cuestións asumidas xa pola xente, de xeito que podemos dicir que estamos ante a mesma normativa”. Houbo discusión no pleno en cada un dos puntos dos dous documentos que se distribuÃron, un resumo e o documento completo. Barreiro quixo tranquilizar aos sectores máis belixerantes da opinión pública: “o idioma galego segue sendo o mesmo”.
Os cambios con respecto á normativa vixente son poucos, aÃnda que representativos dende un punto de vista simbólico. Admitirase o termo “Galiza” como nome do paÃs, aÃnda que só para usos literarios. “Galicia” seguirá a ser a única denominación oficial. Por outra banda, aumentan as listas de palabras con sufixacións similares ás do portugués e tamén se cambian as priorizacións de uso de determinado tipo de terminacións. Por exemplo, ata agora eran admitidos os sufixos “-ble” e “-bel”, que permitÃan resultados como “posible” ou “posÃbel”. A normativa actual recomendaba, con todo, o emprego do “-ble”. Agora é o caso contrario. A nova normativa recomendará o emprego de “-bel” e admitirá como uso secundario o “-ble”.
O proceso de reforma normativa saÃra á luz pública en setembro do 2001, despois dun proceso de negociación entre os departamentos de galego das universidades do paÃs, o Instituto da Lingua Galega e diferentes entidades asociativas. O obxectivo era a unificación de dúas das tres diferentes normativas –e posturas– sobre o noso idioma existentes na actualidade: a normativa “oficial”, aprobada polo Instituto da Lingua Galega, o reintegracionismo –partidario da unificación ortográfica co portugués–, e o reintegracionismo de mÃnimos, unha fórmula intermedia entre as dúas defendida por diferentes entidades asociativas. Este grupo de entidades presentoulle á Academia unha proposta sobre a cuestión.
Ese documento inicial foi debatido pola Real Academia en novembro do 2001, aÃnda baixo a presidencia de Francisco Fernández del Riego. Fora un debate difÃcil que rematara cunha votación con resultado de once votos en contra do cambio, dúas abstencións e sete votos a favor, aÃnda que ninguén nese momento deu o asunto por pechado. A decisión foi polémica no seu momento e transcendeu o ámbito dos investigadores e filólogos. O 30 de setembro do 2002, a Real Academia decidÃa reabrir o debate, aÃnda que dende o propio seo da institución. Era, sen dúbida, un dos asuntos máis difÃciles aos que se enfrontaba o presidente da Real Academia Galega, Xosé Ramón Barreiro, dende o inicio do seu mandato en decembro do 2001. Xa nese momento declaraba nunha entrevista a “La Voz de Galicia” que levar a bo porto a reforma era un dos tres obxectivos do seu mandato.
Voces crÃticas
Entre os membros da Real Academia Galega, só Xesús Alonso Montero manifestou publicamente a “La Opinión” a súa desconformidade co cambio normativo: “creo que estar cambiando as regras do galego cada vinte anos pode ser grave e prexudicial, ademais de que algunhas modificacións parécenme que teñen un semi-lusismo que vai contra a autonomÃa do galego”. O reintegracionismo tamén se sitúa fóra da reforma e exprésao a través de diferentes asociacións. Nós-UP indicou que a normativa aprobada pola RAG “consagra a conversión do galego nun dialecto do español”.
O presente documento resume os cambios producidos na normativa oficial do galego despois da sesión plenaria da Real Academia Galega.
Fonte: Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia