Basilio Losada incorpórase a RAG como Académico de Honra

A Academia recoñece así o seu "incansable labor na defensa e difusión da nosa cultura"

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Basilio Losada incorpórase a RAG como Académico de Honra

O plenario da Real Academia Galega acordou, na súa xuntanza ordinaria do pasado 13 de marzo, nomear a Basilio Losada como Académico de Honra. A RAG quere recoñecer así o "incansable labor na defensa e difusión da nosa cultura" do primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona. Entre outros méritos, academia sinala que "a súa obra ten dúas dimensións básicas: a literaria, como estudoso, antoloxista, tradutor e difusor da literatura galega e da literatura portuguesa e brasileira; e a de profesor, activista, animador cultural, tanto dentro como fóra das aulas, con especial atención á comunidade galega".

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Basilio Losada, Literatura, Plenario, Real Academia Galega...

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares