A Real Academia Galega recibe o premio “Facer País”

A Asociación Cultural Val de Láncara recoñece o seu traballo a prol da lingua e cultura galega

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Cada ano, a Asociación Cultural “Val de láncara” concede o premio “Facer país” (sen dotación económica) para recoñecer o labor continuado de persoas ou entidades sobranceiras na promoción, defensa e vertebración de Galicia a través de diferentes accións ou creacións. Nesta ocasión, a Real Academia Galega recibe tal honra que xa levaron no seu momento Luís Tosar, Milladoiro ou Xosé Neira Vilas. Entre os méritos que destacou o xurado está “a defensa e potenciaciòn da lingua e cultura galegas, a traveso dun século de actividade fecunda”.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Real Academia Galega, Asociación Cultural Val de Láncara, Xosé Neira Vilas, Luís Tosar...