Chévere homenaxea os vinte anos das ultranoites con Viaxe ao país dos ananos

Estará no Auditorio da Ramallosa desde o 25 de abril

Tomando como nome un dos poemarios máis coñecidos de Celso Emilio Ferreiro, Viaxe ao país dos ananos, Chévere quere celebrar os vinte anos das Ultranoites. O xénero inventado por esta compañía, que xunta teatro e música con moito humor e irreverencia, é un clásico na oferta cultural que ofrece esta compañía. Desta volta a ultranoite ten formato de espectáculo para reflexionar sobre a historia recente de Galicia. O espectáculo ten unha estrea informal no seu espazo de residencia (o auditorio da Ramallosa, Teo) o vindeiro 31 de marzo ao que regresará a partir do 25 de abril.

Chévere volve apostar por un espectáculo de gran formato con seis actores (Patricia de Lorenzo, Arantza Villar, Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron e César Goldi en substitución dun lesionado Manuel Cortés) e tres músicos (Xacobe Martínez, Max Gómez e Manu Cebrián). O seu formato de traballo é o habitual, partir de ideas para ir perfilando un espectáculo que non goza de texto escrito.

Segundo publica Alberto Ramos en Praza, o director Alfonso Zarauza está a realizar "un documental sobre a compañía e o seu traballo".
Ligazóns