Chévere prepara un thriller político sobre a crise da eurozona

O proxecto escénico estrearase en xaneiro do 2013 no auditorio da Ramallosa en Teo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

“Eurozone é un traballo sobre un dos maiores relatos colectivos construídos na época contemporánea: a reconstrución da idea de Europa despois da 2ª Guerra Mundial”. Así explica o comunicado que Chévere acaba de facer público no que avanza o seu próximo proxecto escénico. A produción ponse en marcha este verán e ten prevista a súa estrea en xaneiro do ano 2013 no auditorio da Ramallosa. Malia que o formato está por definir, desde a formación avanzan que contará cun elenco formado por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Pepe Penabade, Iván Marcos e Xron. Será un espectáculo de gran formato que ten unha achega de 52.925,60 euros de Agadic para a súa realización.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Gran Reservoir

Chévere cumpre as vodas de prata con Eurozone, un ambicioso proxecto escénico

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Teo, Iván Marcos, Patricia de Lorenzo...