Chévere ábre ao público os ensaios de Eurozone, montaxe sobre a crise de Europa

Estreará o espectáculo o vindeiro día 22 de febreiro

17/1/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculosteatro
22 lecturas | Compartido 0 veces
Hai un tempo que Chévere puxo en marcha un espectáculo para afondar na idea da crise de Europa. Cunha estética inspirada no filme Reservoir Dogs iniciou un proceso de traballo insual. Primeiro convocou, en colaboración co Colexio de Arquitectos un concurso de ideas para crear a escenografía da montaxe e agora busca a participación do público no proceso de traballo. Acaban de crear un micrositio na rede para compartir “probas, erros, dúbidas, descubertas e solucións que van aparecendo cada día”, segundo explican no seu boletín de novas. Ademais, desde o mes de febreiro abrirán ao público os ensaios xunto con sesión escolares e público xuvenil. A montaxe definitiva estará lista ao público o vindeiro 22 de febreiro no Auditorio da Ramallosa en Teo.

Universo culturagalega.gal

25/02/2013

Gran Reservoir

Chévere cumpre as vodas de prata con Eurozone, un ambicioso proxecto escénico

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Conceptos
Lugares