Chévere continúa en Teo o seu proxecto de compañía residente

Continuarán con propostas como as Ultranoites, o Obradoiro do espectador ou as proxeccións

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

En marzo abrirá ao público o Auditorio Municipal da Ramallosa como novo espazo escénico. Incorporase á Rede Galega de Teatros e Auditorios porque é o lugar escollido por Chévere para continuar o seu proxecto de residencia artística. Despois de 25 anos vencellada á Sala Nasa, a formación decidiu abandonar a cidade de Santiago en 2011 por falta de apoio do concello e, desde entón buscaron outro novo escenario para a proposta. Ao final, resultou ser Teo o lugar escollido. A nova andaina de Chévere recuperará moitas das propostas de etapas anteriores como a estrea dos seus espectáculos de produción propia, programación de teatro e danza, os «Obradoiros do espectador», as proxeccións audiovisuais e o campamento de verán Nanoteo. Entre os servizos que estudan ofrecer, está o de dispor dun servizo de autobuses.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Chévere, Teo, Obradoiro, Teatro...