Olaia Sendón gaña o premio Auditorio de Galicia cun vídeo sobre a crise na mocidade

María Castellanos recibe o segundo premio e Jesús Madriñán un áccesit

O noso era un país no que parecía que todo ía ir ben. Pero a crise veu crebar ese momento levando por diante as oportunidades das novas xeracións. Olaia Sendón (Ourense, 1978) gravou un vídeo no que os seus amigos lían textos que sobre como lles afectou esa situación e titulouno Kaufland. Con el acaba de gañar o primeiro premio do certame Auditorio de Galicia para Novos Artistas. O segundo premio (1000 euros e intervención na Zona C) foi para María Castellanos (Xixón, Asturias, 1985) por Imaxe Virtual, unha instalación interactiva (espello, webcam, ordenador e pantalla integrada) que propón un xogo de percepción co espectador. O santiagués Jesús Madriñán recibiu un áccesit pola obra Sen título (Melón), da serie A vida suspendida coa que desafía o concepto clásico de natureza morta ao rexistrar a contorna persoal do autor dende un punto de vista experimental.