A linguista MarÃa CaÃña Hurtado gañou o premio SELIC de creación literaria 2021 coa obra teatral Como agullas finas cravadas no pescozo, que trata "con sutileza e intelixencia o tema da violencia contra as mulleres e as difÃciles relacións familiares". Segundo o xurado, a obra de MarÃa CaÃña "logra que funcione de forma suxestiva a superposición de dúas dimensións temporais e a alusión metateatral". A novela Os acios tardegos do profesor e escritor Antonio Piñeiro obtivo un áccesit. A historia conta a elaboración dun códice miniado na Compostela do século XVI coas tarefas dun investigador actual "seducido pola idea de transformar o obxecto dos seus estudos nunha novela", cun argumento de fondo en relación á traslatio dos restos do Apóstolo. A gañadora do premio recibirá 6.000 euros e o áccesit 1.500 euros. O fallo do xurado foi presentado hoxe pola mañá pola concelleira Mercedes Rosón e a presidenta do xurado, a escritora Marilar Aleixandre.