Un orixinal de Miguelanxo Prado na primeira poxa de BD de Christie's

A galería parisina pon á venda 400 pezas de banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Un orixinal de Miguelanxo Prado na primeira poxa de BD de Christie's

Por vez primeira, a célebra casa de poxas Christie's organiza unha venda pública centrada na banda deseñada. Entre as preto de 400 pezas que se poderán adquirir o vindeiro 5 de abril en París, atópase un orixinal dun autor galego. Miguelanxo Prado enviou para esta ocasión Ana no dique, un acrílico sobre lenzo que reproduce o escenario e a protagonista do álbum Trazo de xiz. A obra sae á venda cun prezo estimado de entre 10 e 12.000 euros.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Banda deseñada, Galería

Claves

Protagonistas