Correos emite unha serie de selos con imaxes da obra de Miguelanxo Padro “Trazo de xiz”

Sobres con xiz

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O álbum de banda deseñada “Trazo de xiz” de Miguelanxo Prado protagoniza a nova serie de selos que acaba de emitir Correos. Son catro estampas de 0.27 euros que terán unha tiraxe inicial dun millón de unidades e que reproducen catro dos cadriños da obra do autor galego. Con esta edición correos fusiona dúas coleccións de selos, a de “Cómics” e “Correspondencia Epistolar Escolar”, da que se emitirá cada ano un prego de selos dedicado a un autor e que se repartirá en centros escolares. O propio Prado foi o encargado da selección de imaxes que ilustran os selos.

Máis información en La Voz de Galicia; todo sobre Miguelanxo Prado no soportal de Banda Deseñada

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Banda deseñada, Culturagalega, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos