A exposición "Unha ironía especulativa" amosará no vindeiro Saló de Barcelona o traballo de Miguelanxo Prado

Prado para o Saló

6/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vindeiro Saló de Barcelona dedicaralle este mes de xullo a primeira exposición á obra de Miguelanxo Prado desde 1995. A mostra, titulada, "Unha ironía especulativa", estará composta nunha terceira parte aproximadamente por material do álbum "A mansión dos Pampín", coa que o autor levou o premio ao mellor guión e á mellor obra na última edición deste evento. Ademais, poderá verse unha selección da obra desenvolvida por Prado nos últimos dez anos.

Máis información no web de FICOMIC; a nosa ficha de Prado

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Barcelona, Guión, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares