A banda deseñada trasládase a Barcelona para presentar as súas novidades

Un salón con viñetas

8/6/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Unha ducia de debuxantes e guionistas de banda deseñada do país estarán desde mañá ata o domingo en Barcelona. O motivo é a 23 edición do “Saló Internacional del Cómic”, a feira máis importante do sector no estado. Entre as novidades galegas que se presentarán no certame destacan os últimos números de BD Banda e do Fanzine Enfermo (que compiten na categoría de mellor fanzine) e o álbum de David Prieto, “Gochi”, “O Tesouro de Carraxe Sieiro”. Polo demais, a obra de Miguelanxo Prado “A mansión dos Pampín”, creada por encarga para o Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), é candidata a mellor obra española e a mellor guión.

Máis información no web do evento

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Barcelona, Gochi, Miguelanxo Prado...