O espectáculo Eurozone reúne doce candidaturas nos XVIII Premios María Casares de Teatro

Máis de 26 montaxes e 240 profesionais presentaron as súas candidaturas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Membros da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia antes da presentación.

Membros da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia antes da presentación.

O espectáculo 'Eurozone', de Chévere, é a produción teatral con maior número de finalistas nos XVIII Premios María Casares de Teatro. En total, doce nominacións, incluíndo mellor espectáculo e mellor dirección. Séguea O home almofada, de iMaquinario Teatro, con seis galardóns, tamén entre eles a mellor espectáculo e dirección. Bye, Bye Honey de Obras Públicas e Abrapalabra, e As do peixe, de Abrapalabra, aspiran ao premio en cinco categorías. Estas son algunhas das nominacións dos XVIII Premios María Casares, que se presentaron hoxe por parte da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) no Consello da Cultura Galega. Avelino González, presidente da AAAG, salientou a maior presenza de público nos espectáculos e tamén a maior presenza feminina no teatro galego. Podes descargar o documento completo das nominacións no documento adxunto.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Espectáculo, Teatro, María Casares, Premios María Casares...