O CCG leva a exposición “Un canto e unha luz na noite” a Madrid

Inaugúrase hoxe mércores ás 19 h.

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

O CCG presenta hoxe na Casa de Galicia de Madrid a exposición “Un canto e unha luz na noite”, a mostra do CCG sobre o asociacionismo cultural durante o franquismo. A inauguración será esta tarde do mércores 5 ás 19 h. e participarán Ricardo Gurriarán, comisario da exposición, e Emilia García López, responsable de Acción Exterior do CCG.

A exposición, que será visitable na Casa de Galicia de Madrid, ata finais de mes, versa sobre o papel que desempeñan as asociacións culturais en Galicia e os seus axentes durante as últimas etapas do franquismo na difusión, preservación e transmisión da lingua e cultura galegas durante a ditadura.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Madrid, Franquismo, Ricardo Gurriarán, Asociacións...

Claves

Protagonistas
Lugares