Este mércores ás 19.30 horas inaugúrase no Museo do Pobo Galego unha exposición do CCG que se adentran un periodo moi pouco coñecido da nosa Historia recente: a conformación, por parte de mozos en todo o país, de asociacións culturais que crebaron a inercia cultural do franquismo e sentaron as bases do que é a cultura galega actual. Aqueles mozos sabían o que querían facer. Exploramos co comisario da mostra, Ricardo Gurriarán, e protagonistas dese periodo as claves do asociacionismo dos 60 e 70. E comezamos coa plástica e co teatro.
Da Coruña á Vigo, de Ribadavia a Viveiro, de Valdeorras a Compostela, desde principios dos 60 o país parece comezar a espertar do letargo e do medo da ditadura e comeza a construír un futuro a través de aparentemente inocuas asociación culturais. Contar a historia destas entidades básicas para comprender a cultura galega actual é o obxectivo de Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galiia (1961-1975), unha exposición que o CCG inaugura este mércores ás 19.30 no Museo do Pobo Galego. Nesta reportaxe podes acceder a dous documentos históricos: o borrador do convite para a inauguración da exposición 20 pintores gallegos (a primeira colectiva importante da arte do país na dictadura) e o programa de Os vellos non deben namorarse, a primeira representación da obra de Castelao no franquismo.
Desde os clásicos da República, non houbera un rebulir na pintura, asegura Ricardo Gurriarán, historiador especializado nas últimas décadas do franquismo e no mundo da cultura e da educación universitaria na época, ata este momento. Gurriarán refírese á inauguración da mostra 20 pintores gallegos en 1961, no Hostal dos Reis Católicos, que foi unha auténtica posta de longo para a Asociación Cultural O Galo.
Ricardo Gurriarán amósanos unha tarxeta co deseño do convite eu penso que as anotacións pictóricas poden ser de Xulio Maside no que chegan ventos novos mesmo en forma de logotipo: a modernidade que supón este galo de Ventura Cores, e que representa o logo do Galo desde aquela ata hoxe.
O Galo nacera dentro desa cultura mortecina de finais dos 50 en Compostela, asegura Salvador García Bodaño. O poeta sinala como as primeiras xuntazas na súa casa pretendían cambiar a dinámica dentro dos estreitos cauces da censura na época. Pero a clave estaba no estilo propio, no que esta xeración quería representar. Queriamos levar o galeguismo á rúa e sacalo dos despachos, sinala García Bodaño en clara referencia á Xeración Galaxia e ao piñeirismo.
20 pintores galegos foi unha gran cita de nomes e unha eclosión de estilos, asegura Bodaño. Moitos dos artistas xa non estaban en Galicia pero participaron igual. O propio Seoane non puido mandar obra pero si unha conmovedora carta. O resultado traduciuse en éxito e impacto na opinión pública. A exposición collera por sorpresa á Xeración Piñeiro, e maís aínda un abraiante convite. O Galo convidara a Vicente Risco a impartir unha das conferencias do ciclo programado para acompañar a exposición. Risco renunciara ao galeguismo político coa guerra e fixérase un colaborador do novo réxime. Nós xogabamos un pouco con iso, asegura Bodaño, reivindicando a autonomía do seu grupo dentro do novo galleguismo. Ricardo Gurriarán explica a filosofía que está detrás: pretenden de algún xeito desenvolver un tecido conectivo que faga ponte co galeguismo de preguerra e a actualidade cultural.
O teatro
Durante a ditadura o teatro prácticamente desaparecera, explica Gurriarán, pero a finais dos 50 as cousas comezaron a cambiar. Temos que significar no mundo do teatro a representación do Don Hamlet, no ano 58, polo Grupo de Arte y Declamación de la Sociedad Iberoamericana da Coruña. Sería a primeira vez que se realizara teatro en galego tralo 36, sinala o comisario da mostra.
Pero no ano 1961 houbo un acontecemento dunha especial significación, non tanto pola obra como polo autor. 3.000 persoas xuntas na Quintana, sentadas en frías e incómodas cadeiras de ferro e cunha amplificación de son non demasiado eficiente, e unha obra singular: Os vellos non deben namorarse, de Daniel A. Rodríguez Castelao, interpretada pola mítica asociación Cantigas e Agarimos baixo a dirección de Rodolfo López Veiga. O director, cunha certa formación, fortaleceu o elenco combinando os afeccionados pouco experimentados de Cantigas e Agarimos con actores de confianza que os acompañaran noutras obras. É así como entra en acción Ezequiel Méndez, que actúa, con só 20 anos, coma o vello boticario. As caretas que recomendaba Castelao empregar para a obra permiten o enredo.
Algunhas cousas fanme hoxe interpretar, asegúranos Ezequiel Méndez desde Madrid, que aquela representación estivo políticamente organizada. Practicamente naquela época non había televisión, a censura era habitual, non había medios de comunicación que comentaran esa información pero ese día na Quintana estaban esas 3.000 persoas alí sentadas. E unha chea de persoeiros da cultura gaelga. Viñeran Valentín Paz Andrade, Fernández del Riego, as dúas irmás de Castelao, chegaron autobuses de Rianxo con xente. Ezequiel comenta con ironía: non está mal porque o permiso para actuar nolo deran tres días.
Aqueles mozos estaban facendo historia. Na aparentemente inocua peza de Castelao estaban sacando de novo á luz pública o máis comprometido dos intelectuais e políticos galegos da preguerra. Eu interpreto que debeu haber un acordo cos galeguistas composteláns da época, como Manuel Beiras, Ramón Piñeiro ou Bouza Brey, para conseguir os permisos de representación. Méndez láiase: se tivera tres ou catro anos máis de aquela seguramente tería falado con Rodolfo López disto e coñecería os aspectos políticos.
Punto de partida
Ricardo Gurriarán sinala que esta representación de Os vellos non deben namorarse foi o punto de partida dunha eclosión teatral. A partir de aquela, Marinhas del Valle ou Carvalho Calero comezaron a producir teatral, motivados polo labor de Galaxia, e se produce unha máis que interesante relación entre populismo e vangarda. Xente da avangarda como podía ser Concheiro Caamaño ou Rodolfo López Veiga líganse a estruturas asociativas como as do Galo ou as do Facho, e créanse grupos estables de moito eco, como o que lidera Manuel Lourenzo.
Neste renacemento teatral sobrancea a figura retornada de Blanco Amor, que nos anos 60 volve a Galicia. Blanco Amor, afirma Gurriarán, é o autor máis representado naquel momento, e el ten unha noción do teatro popular. Quere que o teatro chegue a un público que aínda non está moi preparado intelectualmente para a avangarda. Canda Blanco Amor, está Manuel Lourenzo, que procura que o espectador reflexione. Lourenzo creará un grupo teatral estable na Asociación O Facho, rescatarán obras en galego. O teatro en galego vivirá a súa posta de longo no Festival de Teatro de Ribadavia, que se inicia nestas épocas.
O teatro vive un auténtico boom. Ezequiel Méndez relata como na época ás veces non había recursos para montar unha obra cunha escenografía, e como as lecturas dramatizadas unha sorte de teatro low cost- teñen un especial interese nos colexios universitarios de Compostela e noutros ámbitos.
Gurriarán conclúe: o teatro era un sinal de identidade nesta época. Todas as asociacións tentaban crear un grupo propio.
A Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela acolle a exposición de Cantigas e Agarimos sobre a estrea de 'Os vellos non deben de namorarse' e pode ser visitada ata o 30 de abril.

Os documentos dunha época
Rascuño de convite para a exposición Veinte pintores gallegos