Vigo acolle a mostra Un canto e unha luz na noite

O proxecto do Consello da Cultura repasa o traballo das asociacións culturais durante o franquismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Vigo acolle a mostra Un canto e unha luz na noite

Logo de se poder ver en Compostela a pasada primavera, a exposición Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) chega á Casa da Cultura de Vigo. A exposición fai un amplo percorrido polo panorama das asociacións culturais galegas durante o franquismo, unha fase fundamental na configuración da identidade e do panorama creativo do país e que foron base do galeguismo político da época. A coincidir con esta xeira, o Consello da Cultura edita na rede o catálogo completo da mostra, que explica e completa os contidos da mesma.

Textos de Xosé Carlos Sierra, Elías Torres, José-Martinho Montero Santalha ou Euloxio Ruibal entre outros analizan o fenómenos das asociacións neste volume, que inclúe reproducións dos propios paneis da mostra e de abondosas fotografías e documentos.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Vigo, Franquismo, Identidade...