O Consello da Cultura leva a Ribadavia Un canto e unha luz na noite

A exposición sobre o asociacionismo galego na ditadura poderá verse na Igrexa da Magdalena

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:

A exposición do Consello da Cultura Un canto e unha luz na noite. Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) chega a Ribadavia. A Igrexa da Magdalena acollía na tarde de onte a inauguración deste proxecto que, da man de Ricardo Gurriarán, amosa a importancia das asociacións culturais durante o franquismo. Segundo sinalou Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura, a mostra “foi ideada para recoller, recoñecer e difundir o traballo das xentes e os colectivos pioneiros do asociacionismo cultural, rescatando ese seu legado da brétema do tempo, activando a memoria e incorporando eses activos a este tempo noso”. A exposición ficará en Ribadavia ata o vindeiro sete de xaneiro e está previsto que despois continúe a súa itinerancia polo país.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ribadavia, Ramón Villares, Ricardo Gurriarán, Asociacións...