Publican un volume con máis de 80 poemas inéditos de Aurelio Aguirre

Recuerdos de agosto está coeditado por Alvarellos e o Consorcio de Santiago

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Publican un volume con máis de 80 poemas inéditos de Aurelio Aguirre

A obra "definitiva" sobre a poesía e Aurelio Aguirre. O Consorcio de Santiago e mais Alvarellos Editora presentan ás sete desta tarde na sede da Fundación Torrente Ballester en Compostela Recuerdos de agosto. Obra poética, 1850-1858. O volume recolle 133 poemas do autor romántico dos cales 80 son inéditos e proceden dos manuscritos Recuerdos de agosto descuberto recentemente no Museo de Pontevedra e mais oesías de D. A. A, conservados na Real Academia. O volume, que inclúe a reprodución de manuscritos, conta cunha edición crítica de Olivia Rodríguez González e mais cun estudo histórico da man de Xurxo Martínez González.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consorcio de Santiago, Olivia Rodríguez González, Xurxo Martínez González, Poesía...