Unha das plumas máis brillantes da literatura aÃnda ten material disperso que non vira a publicación en libro. É o caso dos trinta sete artigos en castelán que integran “Viajes y yantares por Galicia” que o escritor publicou entre os anos 1954 e 1963, na revista Vida Gallega. Cunqueiro viaxa por Galicia e fai arte coa cociña, a paisaxe, as xentes e, en definitiva, a fonda personalidade do paÃs. Pero ademais “Viajes y yantares por Galicia” é unha guÃa de lugares emblemáticos, de personaxes históricos e lendarios. A presente edición inclúe a reprodución facsÃmile dalgúns dos artigos tal e como os entregou Cunqueiro a Vida Gallega. Asà mesmo, achégase un traballo sobre a historia, o contexto, os promotores e as imaxes desta segunda época de Vida Gallega a cargo do editor, Henrique Alvarellos. Alvarellos Editora principia, con este volume, a súa “Colección Rescate”, dedicada a recuperar textos da nosa cultura que permanecen inéditos en libro.
Máis información no sitio de Alvarellos Editora