Alvarellos Editora publica o último tomo das memorias de Manuel Fraga

Final en Fisterra

No libro “Final en Fisterra”, escrito polo ex-presidente da Xunta, Manuel Fraga, o actual senador recolle recordos e anécdotas do seu periplo nos pasados dezaseis anos así como desenvolve a súa teoría política e repasa a súa acción de goberno. Nas máis de catrocentas páxinas deste tomo último das súas memorias, Fraga escribe o trinta por cento en galego e o resto en castelán e recolle nun apéndice os nomes de todos os integrantes dos Gobernos de Galicia desde a Transición ata o verán de 2005. O libro inclúe tamén un importante apartado gráfico e un índice onomástico como é habitual nestas obras. “Final en Fisterra” estará a venda mañá, venres 7 de abril, pero a súa presentación oficial terá aínda que agardar ata o 21 de abril. Coa colección Memorias que se abre con este libro Alvarellos pretende dar voz a algúns dos protagonistas da vida política, social, cultural ou económica d país dos últimos trinta anos.

Máis información en Alvarellos Editora