A editorial Alvarellos anuncia a vindeira publicación do inédito "Más allá del tiempo", de María Mariño

María Mariño traspasa os anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Case 42 anos despois da súa escrita sae á luz o descoñecido texto "Más allá del tiempo" de María Mariño, poeta homenaxeada este ano con ocasión do Día das Letras. A editorial Alvarellos anunciou para abril a edición da obra que, segundo aseguran os responsables do proxecto, "é o libro que despexará todos os enigmas sobre María Mariño". Este texto, que mestura texto e poesía está escrito en castelán e non pasou polas mans de editor ningún, o que o fai especialmente revelador en canto ás relacións da poeta coa escrita. A edición contará cun estudo introdutorio e de contexto a cargo da filóloga Helena González.

Máis información no web de Albarellos (en pdf) e no noso Álbum de Mulleres

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Mariño, María Mariño, Helena González, Mulleres...