É a terceira muller que será homenaxeada con ocasión do Día das Letras Galegas desde que esta data se instituíu en 1963. A Real Academia Galega decidía o pasado sábado que sexa a poetisa de Noia María Mariño a figura que centre os actos desta celebración en 2007. Mariño, nacida en 1907, desenvolve un labor poético que quedou recollido en dous únicos poemarios nos que a paisaxe do Caurel xoga un rol destacado.
Máis información en Galicia Hoxe; en La Voz de Galicia e no web da RAG; María Mariño no noso Álbum de Mulleres