María Mariño entrou no canon pero non conseguiu ser ben coñecida

Resumo Mariño

13/12/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A ausencia dunha biografía fiable e que, por vez primeira, non se celebrase un congreso na memoria da figura homenaxeada o Día das Letras foron as grandes eivas do ano María Mariño. Así o avaliou onte o encontro que se celebrou on Consello da Cultura Galega para valorar os actos celebrados este 2007 arredor da poeta do Courel. Os participantes, Pilar García Negro, Helena González, Esperanza Mariño e Carmen Blanco coincidiron, no entanto, en que se logrou a canonización da autora, aínda que sinalaron que desapareceu da axenda logo do dezasete de maio e que a celebración quedou “circunscrita ao ámbito das mulleres”.

Máis información en Galicia Hoxe e no web do Consello da Cultura

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con María Mariño, María Mariño, Helena González, Carmen Blanco...