Alvarellos publicará un poemario inédito de Aurelio Aguirre

O manuscrito estaba nos fondos do Museo de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Foi un poeta romántico, coñecido polo seu compromiso con Galicia e coas clases menos favorecidas, miliciano no levantamento de 1854 e autor do famoso brindis do Banquete de Conxo. Amigo de Pondal, Murguía e Rosalía, precisamente mantivo unha amizade con esta última que deu moito que falar. Aurelio Aguirre (Santiago, 1833- Coruña, 1858) puido ser máis destacado na historia da cultura galega se non tivera morto aos 25 anos. Iso é o que deduce Olivia Rodríguez, encargada de facer a edición crítica a raíz do estudo dun manuscrito inédito. O libro xa fora descuberto con anterioridade, mesmo Ramón Torrado ten falado da descoberta, será Henrique Alvarellos quen o editará. Vaino facer no marco da colección Rescate e nel figurará outra versión do Brindis de Aguirre en Conxo, unha vintena de poemas inéditos e outros do libro Poesías selectas.

Información corrixida e actualizada

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Conxo, Museo de Pontevedra, Henrique Alvarellos, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)