Unha publicación rememora os 170 anos do Banquete de Conxo

A Fundación Galiza Sempre e a Agrupación Cultural O Galo presentan o caderno, que se pode consultar en liña

| Santiago. Redacción | Seccións: historialiteratura
Compartir:
Unha publicación rememora os 170 anos do Banquete de Conxo

O Centro Cultural Aurelio Aguirre de Conxo, en Santiago de Compostela, acollía este 2 de marzo a presentación de 170 anos do Banquete de Conxo. A Fundación Galiza Sempre e a Agrupación Cultural O Galo editan este caderno que asina Xoán Costa e que "ofrece un rigoroso percorrido polo contexto histórico e a significación política deste importante episodio da nosa historia".

A publicación, que se pode consultar en liña no web da Fundación Galiza Sempre, fai parte da colección Efemérides de Galiza, e nas súas 24 páxinas inclúe reproducións de prensa, fotografías e documentos da época. O texto dá conta tanto da xénese deste encontro entre estudantes e persoas do ámbito obreiro como da súa recepción no momento e da súa pegada posterior na historia do país e do nacionalismo galego.

Que che parece esta nova?
106 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Conxo, Banquete de Conxo, Fundación Galiza Sempre, Xoán Costa...

Claves

Protagonistas
Conceptos