Coñécense os finalistas dos Premios da Edición

O Liceo de Betanzos acollerá o acto de entrega dos galardóns o vindeiro 21 de marzo

A Asociación de Editores acaba de facer públicas a obras que optan este anos aos Premios Ánxel Casal. Logo dunha primeira xeira na que as propias editoras presentaron os seus candidatos e votaron os seus preferidos, agora será un xurado o que seleccione as obras gañadoras. O Liceo de Betanzos acollerá o acto de entrega o vindeiro 21 de marzo. As candidaturas amósanse moi repartidas entre títulos e editoras, aínda que abundan os traballos de Xerais, Galaxia e Kalandraka.


  • Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2013
    Acordes Náufragos de Antón Riveiro Coello
    O derradeiro libro de Emma Olsen de Berta Dávila
    O corazón de Branca de Neve, de Francisco Castro, editados por Galaxia
    O elefante branco de Xesús Fraga editado por Tambre
    A Memoria da Choiva de Pedro Feijoo
    Matarte lentamente de Diego Ameixeiras editados por Xerais.


  • Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro 2013
    Sobre Ruinas de Xesúa Rábade Paredes, editado por Alvarellos
    Espiral de Sombras de Xabier Seoane, editado por Kalandraka
    Caderno do Nilo de Cesáreo Sánchez Iglesias, editado por Xerais.


  • Premio Ánxel Casal ao Libro de Non Ficción 2013
    Cantares Gallegos, hoxe. Unha lectura actualizada de Rosalía de Castro de María Pilar García Negro, editado por Alvarellos
    Corasons do Colectivo Corasons, editado por Kalandraka
    Historia da Música en Galicia de Lorena López Cobas, editado por Ouvirmos
    Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos Tradicionais de Antón Cortizas, editado por Xerais.

  • Premio Lois Tobío á Tradución 2013
    Ulises, traducido por María Alonso, Eva Almazán, Xabier Queipo e Antón Vialle, editado por Galaxia
    Un ianqui na corte do rei Artur, traducido por Carlos Acevedo, editado por Kalandraka
    Tonino, traducido por Yolanda Castaño, editado por OQO
    A arte da Guerra de Sun Zi, traducido por Xulio Ríos e editado por Teófilo Edicións
    Eneida, traducido por Xoán Fuentes Castro, editado por Toxosoutos
    Astérix e os pictos, traducido por Xabier Senín e Isabel Soto, editado por Xerais.


  • Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado 2013
    Nicomedes o Pelado ilustrado por David Pintor
    Pan de Millo ilustrado por Dani Padrón, editados por Kalandraka
    Oliver Twist ilustrado por Daniela Volpari, editado por Baía.


  • Premio Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil 2013
    As dúas casas de Alicia de Christelle Vallat, traducido por Marica Campo
    O galo Ernesto de Mondaporta, editados por Baía
    A Pantasma da Casa da Matanza de Miro Villar, editado por Biblos
    Xogos Musicais de Luis Pregos e Marta Iglesias
    Tambo de Laura García Ferro e Victor Castro Martínez, editados por Cumio
    O Carnaval dos animais de Jose Antonio Abab e Joao Vaz de Carbalho
    Pan de Millo de Migallas e Dani Padrón, editados por Kalandraka
    Montañas na Cama de Maricuela, editado por OQO
    O elefante branco de Xesús Fraga, editado por Tambre
    Bágoa de Lúa de Sabela González, editado por Galaxia
    Un rato díxolle á Lúa de Antonio García Teijeiro, editado por Xerais.


  • Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Libro Educativo 2013
    Historia dos bonobos con gafas de Adela Turín e Nella Bosnia, editado por Kalandraka
    Historia da literatura galega dos orixes a 1853 de Xosé Ramón Pena Sánchez
    Vento e Chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia de Manolo Gago, editados por Xerais.


  • Premio Rosalía de Castro á Iniciativa Editorial 2013

  • Recursos educativos da Aula Virtual Baía da editorial Baía
    Tastarabás. Enciclopedia de Brinquedos tradicionais de Xerais
    Proxecto Corasons de Kalandraka
    Cocorico, serie de animación de OQO.


  • Premio Xosé María Álvarez Blánquez ao autor/autora ou colectivo de autores en lingua Galega 2013
    Berta Dávila
    Manuel Gago
    Xosé Neira Vilas.