Coñécense os finalistas aos Premios da Edición

Os Editores entregarán os galardóns o vindeiro 15 de marzo en Vigo

As dez categorías dos Premios da Edición 2012 xa teñen finalistas. Diversos medios recollen hoxe a listaxe de candidatos a se facer cun dos galardóns que outorga anualmente a Asociación Galega de Editores. Logo de que os membros do colectivo votasen as súas propostas para estes recoñecementos, un xurado seleccionará agora os gañadores entre os finalistas. O acto de entrega celebrarase o vindeiro 15 de marzo no Museo do Mar de Vigo.

CANDIDATOS AOS PREMIOS DA EDICIÓN 2012

Premio Ánxel Casal ao Libro de Ficción 2012
Outono aquí, de Mario Regueira (Sotelo Blanco)
Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño (Galaxia)
As voces baixas, de Manuel Rivas (Xerais)

Premio Ánxel Casal ao Libro de Poesía ou Teatro
Ruido de Fondo, de Daniel Salgado (Xerais)
Tigres de Ternura, de Claudio Rodríguez Fer (Toxosoutos)
O Silencio, de Mario Regueira (Xerais)
Breizh, de Miro Villar (Toxosoutos)
Os Ángulos da Brasa, de Manuel Álvarez Torneiro (Kalandraka)
Frase de Trema, de Lorena Souto (Espiral Maior)

Premio Ánxel Casal ao Libro de non Ficción
Os Señores da Mentira', de José C. Bermejo (Lóstrego)
Herdeiros pola Forza, de Manuel Gago e Xurxo Ayán (2.0 Editora)
Compendio de Herbas Máxicas, de Montse Rubio (Baía)
O Carballo, de Calros Silvar (Baía)
Cómo Falar e Escribir en Galego Correctamente e con Fluidez, de Carlos Callón (Xerais)
O Rastro que Deixamos, de Agustín Fernández Paz (Xerais)

Premio Lois Tobío á Tradución no Ano 2012
Diario de Inverno, traductora Eva Almazán (Galaxia)
Miguel Strogoff, Ánxela Gracián (Baía)
Alén da Fronteira: Sete poetas vascos, Isaac Xuvín (Kalandraka)

Premio Isaac Díaz Pardo ao Libro Ilustrado
Paxaro de Mar e Vento, Xosé Cobas (Biblos)
Compendium de Herbas Máxicas, Montse Rubio (Baía);
O Carballo, Calros Silvar (Baía)
Oso Atrapabolboretas, Susanna Isern e Marjorie Pourchet (OQO)
Almanaque Musical, David Pintor (Kalandraka)
Verdedades', Xosé Tomás (Biblos)
Cartas de Inverno, Antonio Seijas (Xerais)

Premio Neira Vilas ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil
Paxaro de Mar e Vento, Tucho Calvo (Biblos)
O corazón de Xúpiter, Ledicia Costas (Xerais)
A verdadeira historia da mosca da tele, María Solar (Galaxia)
Titiricircus, Miguel Borines, Tanxarina (Kalandraka)
Carrabuñas, Charlotte Pardi (OQO)
Maria Fumaça, Uxía Senlla (Galaxia)
A punta de pistola, Fran Alonso (Xerais)
Cartas de inverno, Agustín Fernández Paz (Xerais)

Premio Xosefa Iglesias Villaverde ao Mellor Libro Educativo
Peixes. Cociña Infantil, VVAA (Ouvirmos)
Inventario ilustrado de animais, Virginie Aalakjidi (Kalandraka)
Rosa Caramelo, de Adela Turín (Kalandraka)
O Carballo, de Calros Silvar (Baía).

Premio Rosalía de Castro ao Mellor Proxecto ou Iniciativa Editorial
Colección Xornalistas (2.0 Editora)
OQO Filmes (OQO Editora)
Galaxia Tales (Editorial Galaxia)
John Balan, un yanqui en la corte de Breogán (Teófilo Edicións).

Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao Autor ou Colectivo de Autores en Lingua Galega
Fina Casalderrey
Manuel Gago
Xornalistas de Galicia (varios autores)
Marcos Calveiro